Os caimáns van de paseo. Un alfabeto

Sendak, Maurice Traducción: Xosé Ballesteros

Do A ao Z, un simpático alfabeto cunha familia de crocodilos que pasean, xogan, cociñan e fan moitas máis cousas... Rimas e humor para gozar das letras.

Estes clásicos de Maurice Sendak, de 1962, chegan aos nosos días con toda a frescura e o humor. “Os caimáns van de paseo” é un sorprendente alfabeto protagonizado por unha familia de crocodilos que, a través de situacións moi diversas, vannos descubrindo as letras. De paseo, disfrazados, cociñando ou xogando, cada estrofa rimada comeza sucesivamente polo A, o B, o C… describindo a escena representada en cada páxina. Divertidas e expresivas, cunha reducida paleta de cores, as imaxes poñen o foco nos xestos e actitudes dos personaxes. Xunto con “O un era Xoán, un libro para contar” e “Os caimáns van de paseo, un alfabeto” a serie segue con “Miguel, conto exemplar en cinco capítulos e un prólogo” e “Sopa de polo con arroz, libro dos meses”. Enxeñosa e irreverente, foi distinguida pola Asociación de Bibliotecas Americanas e o propio autor fixo unha adaptación para o musical Really Rosie de 1975, interpretado por Carole King.
Leer más
Leer menos
10,00 €