Máis alá da fiestra
A obra que completa a triloxía de contos oníricos de Sendak trasládanos a un mundo confuso no que Aida terá que demostrar o seu valor para rescatar a súa irmá pequena. Responsabilidade, lealtade e capacidade para corrixir os erros cometidos, ocupan tamén as páxinas deste libro, de imaxes enigmáticas, sorprendentes e con eco melódico.
“Máis alá da fiestra” é o terceiro título da triloxía de contos oníricos e e sobre os sentimentos da que forman parte “Onde viven os monstros” e “Na cociña de noite”. Publicouse en 1981, logo de que Maurice Sendak viaxara a Alemaña a propósito de ilustrar os contos dos irmáns Grimm. A pegada dos pintores románticos alemáns -en concreto Philipp Otto Runge- quedou marcada neste libro. Tamén se percibe a influencia dos contos de fadas, nos que Sendak se baseou para amosar as emocións da protagonista pola súa irmá pequena, á que deberá rescatar -afrontando a súa responsabilidade e con valentía- dos trasnos que a raptaron. Ademais, aborda a capacidade para resolver os erros cometidos, a lealdade cun mesmo e cos demais nun mundo confuso.
Destaca a combinación de dúas melodías -visual e sonora- mesturándose, dando lugar a mensaxes cheas de ambigüidade que, malia todo, son captadas polos lectores infantís de forma intuitiva. As ilustracións están repletas de detalles, símbolos e referencias: por exemplo, a natureza volve medrar proporcionalmente á intensidade da fantasía.
"É basicamente a miña historia e a da miña irmá”, dixo Sendak sobre esta obra. “Ela é Aida e o seu anoxo por ter que coidarme. Insinuar iso nun libro para nenos resulta duro porque hai un concepto trabucado do que é un libro infantil, do que debe conter e do que non. En esencia, a idea é que sexan sans, divertidos, enxeñosos e optimistas; que non amosen as pequenas miserias da vida real. Pero eu lembro como era a vida real e non sabía sobre que outra cousa podía escribir”.

Otros idiomas:
Colección: Clásicos contemporáneos
Edad recomendada: A partir de 8 años
Páginas: 40
Tamaño: 25 x 23
ISBN: 978-84-8464-862-8
Premios : CALDECOTT HONOR BOOK
NATIONAL BOOK AWARD FOR CHILDREN’S BOOK
LIBRARY OF CONGRESS CHILDREN’S BOOK
AMERICAN BOOK AWARD
NEW YORK TIMES BEST ILLUSTRATED BOOK