Un bico para osiño

Holmelund Minarik, Else Sendak, Maurice Traducción: Sandra e Óscar Senra Gómez

Un bico acumulativo e itinerante vai viaxando polo bosque transportado pola Galiña, pola Ra, polo Gato... Humor e amor, simpatía e espontaneidade nunha historia fermosa polo seu texto e polas súas ilustracións.

“Un bico para Osiño” é un relato breve, humorístico, cheo de afecto e de amor. Afecto de Osiño cara a Avoa Osa, a quen obsequia cun debuxo e cun bico que vai transmitíndose dun animal a outro, entre os habitantes do bosque, ata chegar á súa destinataria final. Un bico itinerante e acumulativo, que ademais ramifícase nunha historia de amor paralela cun final que enche de felicidade a toda esta entrañable veciñanza faunística. Publicado por primeira vez en 1968, este clásico de Else Holmelund Minarik e Maurice Sendak destaca pola sinxeleza do texto e pola tenrura dos seus personaxes, que son representados tanto ao natural como humanizados. A personalidade de Osiño favorece que os lectores infantís se identifiquen con el, pola súa simpatía e pola súa espontaneidade.

En consonancia cos demais títulos da serie á que pertence este libro, as fermosas ilustracións de Sendak remítennos aos gravados antigos, de composición clásica, con figuras moi expresivas que se sitúan en escenarios principalmente naturais, moi detallados e elaborados.
Leer más
Leer menos
12,00 €