Papá Oso volve á casa

Holmelund Minarik, Else Sendak, Maurice Traducción: Sara e Óscar Senra Gómez

Osito está impaciente ante o regreso de Papá Oso: quere pescar coma el, imaxina as súas aventuras no mar... A familia por fin volve estar unida no fogar; un fogar que non sería o mesmo sen as inquedanzas de Osiño.

A figura paterna centra os relatos agrupados en “Papá Oso volve á casa”, que se enmarcan nun contexto doméstico, da vida cotiá e de familiaridade con outros habitantes do bosque. Osiño fainos partícipes dos seus soños e arelas: parecerse ao seu pai e imaxinarse pescando no mar coma él, aínda que teña que conformarse cun tronco a modo de barco e cun peixe pequeno como única captura no río. A noticia do seu regreso ilusiona a Osiño coa idea de coñecer unha serea; e con el, outros animais van recibilo, malia que da serea non haxa máis rastro que a hipótese dunhas burbullas na auga e o rumor do mar nunha bucina. Niso se entretiñan Osiño e os seus amigos cando ao protagonista deulle un ataque de impo que todos intentan axudarlle a superar aínda que, no intento, rompan a serenidade coa que Papá Oso le o seu xornal.

Os textos de Else Holmelund Minarik posúen o encanto, a naturalidade e a frescura da nenez. O humor, as repeticións, a estrutura acumulativa e o nonsense están presentes nestas historias que Maurice Sendak ilustra co clasicismo que caracteriza toda a colección, achegando elementos imaxinarios que enriquecen a narración.
Leer más
Leer menos
13,00 €