Rodari, Gianni

Rodari, Gianni

(Omegna, Lombardía, 1920 - Roma, 1980)

Político, xornalista, pedagogo e escritor. Recibiu o Premio Andersen en 1970. Graduouse en Maxisterio e comezou impartindo clases particulares. Vencellado ao Partido Comunista Italiano, colaborou con varios xornais, como L’Ordine Nuovo e L’Unitá, onde desenvolveu a súa paixón pola literatura infantil. Baseou na realidade obras como «O planeta das árbores», pero o humor e o éxito chegaron con «Contos longos coma un sorriso», «As aventuras de Cipollino» ou «O libro dos retrousos ». Outras obras mestras son «Contos a máquina», «Contos por teléfono» e «Contos para xogar», pensadas para versionar a literatura tradicional, demostrar que a brevidade pode xerar boas historias e permitirlle ao lector escoller o final. A partir das súas visitas a escolas e do traballo cos nenos escribiu «Gramática da fantasía» (1973), a súa grande achega á pedagogxía contemporánea, coa que transmitiu a súa idea revolucionaria e liberadora da literatura.

https://100giannirodari.com

9 artículos

Fijar Dirección Ascendente
por página