Gelsomino no país dos mentiráns
Vivían sometidos a leis inxustas ata que Gelsomino decidiu amosar a verdade, tirar da manta e airear as estancias do palacio real. A súa voz potente e ingobernable simboliza o inconformismo e o compromiso do autor coa xustiza e coa transformación social.
Gelsomino é un rapaz cunha voz tan potente que pode esnaquizar castelos enteiros só con botar un berro. Coa axuda dun fantástico gato, enfrontarase ao rei do País dos Mentiráns, onde mentir é obrigatorio por lei; onde dicir a verdade supón expoñerse a fortes sancións por orde de quen manda, un antigo pirata que tapa a cabeza cunha perruca laranxa e ao que lle encanta pronunciar discursos dende un balcón. Esta obra, unha das máis imaxinativas e divertidas de Gianni Rodari, vai máis aló da ficción. No trasfondo da historia, escrita na década de 1960, está a era de Mussolini, do fascismo e da resistencia. Ese reino imaxinado por Rodari é tamén tremendamente actual. Nel, a voz ingobernable de Gelsomino é unha metáfora da rebeldía do autor, do seu sentido da xustiza e a prol da transformación social.
As ilustracións de Pablo Otero -acuarelas sobre tea sen imprimar- combinan os trazos xeométricos con figuras corpóreas. Son imaxes que destacan polo seu sentido simbólico, lúdico e rodariano.
As ilustracións de Pablo Otero -acuarelas sobre tea sen imprimar- combinan os trazos xeométricos con figuras corpóreas. Son imaxes que destacan polo seu sentido simbólico, lúdico e rodariano.
Otros idiomas:
Colección: 7 Leguas
Edad recomendada: A partir de 8 años
Páginas: 200
Tamaño: 15 x 23,5
ISBN: 978-84-1343-045-4