Gramática da fantasía
Unha obra de referencia para educadores, unha aportación esencial á pedagoxía contemporánea. Un manual sobre o valor liberador da literatura... Ilustración de cuberta de PABLO OTERO
“Inventar historias para nenos e axudalos a que as inventen eles mesmos, non para que uns e outros sexan artistas, senón para que ninguén sexa escravo”. Esta foi a intención de Gianni Rodari á hora de escribir “Grammatica della fantasia” (1973), unha obra de obrigada referencia para educadores, unha aportación sen precedentes á pedagoxía contemporánea e o legado co que Rodari transmite a súa idea revolucionaria e liberadora da literatura.
A orixe do traballo está nun encontro con docentes no que Rodari participou en 1972, invitado polo Concello de Reggio Emilia (Italia). Con este manual, Rodari invita a converter a palabra en xogo, ao tempo que desvela o proceso de escribir historias para nenos e axúdalles aos cativos a inventar novos mundos. “Gramática da fantasía” ofrécelle ao lector a posibilidade de demostrar que para entrar na realidade non só serven as portas, senón tamén as fiestras: “Así é máis divertido e moito máis práctico”, afirmaba o escritor italiano.
Este título está destinado a docentes, educadores e todas aquelas persoas que cren que a imaxinación debe ocupar un destacado lugar na educación da infancia.

Otros idiomas:
Colección: Teoría
Edad recomendada: Lectores expertos
Páginas: 180
Tamaño: 15 x 21,5
ISBN: 978-84-8464-705-8