Que fai falta?
As cousas máis sinxelas e desapercibidas atesouran a esencia e a beleza do mundo que nos rodea. No centenario de Rodari, un clásico coa elegancia poética e coa orixinalidade creativa.
A obra de Gianni Rodari é esencial e, no ano do seu centenario, corresponde relela e propagala. O texto de «Que fai falta?» -un razoamento deductivo, ou siloxismo- conserva toda a súa forza innovadora, dende a sinxeleza e o enxeño. É o exemplo perfecto de como o autor convertía as palabras e as ideas en xoguete poético e intelixente; unha lectura que o cantautor italiano Sergio Endrigo converteu en canción. O relato segue unha sucesión lóxica e graduada sobre a orixe dun obxecto cotiá, que culmina no máis fondo e, á vez, fermoso da natureza: para acadar algo moi grande, ás veces abonda co mínimo. Un libro que une a elegancia da xeometría, seguindo unha estrutura literaria circular, coa fragancia da poesía e coa orixinalidade da proposta estética.
Os collages de Silvia Bonanni practican ese salto creativo e transformador da arte, cunha proposta laboriosa e chea de colorido que combina todo tipo de recortes de papel impreso con elementos téxtiles.
Os collages de Silvia Bonanni practican ese salto creativo e transformador da arte, cunha proposta laboriosa e chea de colorido que combina todo tipo de recortes de papel impreso con elementos téxtiles.
Otros idiomas:
Colección: Clásicos contemporáneos
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 32
Tamaño: 22 x 30
ISBN: 978-84-8464-753-9
Premios : PREMIO ANDERSEN - 1970