Axente X.99

Rodari, Gianni Delicado, Federico Traducción: Isabel Soto

Contos e versos do espazo.As fantásticas aventuras de quen fora gardián do radiofaro do asteroide X.99 é outro dos inesquecibles clásicos de Gianni Rodari. Historias para deleitarse coa palabra e cos xogos lingüísticos, co humor e co enxeño. Mundos e encontros fascinantes movidos pola curiosidade o desexo de amizade, coa excusa de exercitar a imaxinación.

Axente X.99 é como se coñece o gardián dun asteroide que, xunto coa cabra Renata, viaxa polo espazo desempeñando distintas misións. Publicadas na revista La Via Migliore entre outubro 1974 e maio de 1975, as aventuras deste peculiar astronauta representan a incursión de Gianni Rodari na ciencia ficción. Cada relato é una porta aberta á reflexión crítica: dende como orientar os simios do planeta Miro para que aprendan a facer lume e desterrar erróneas crenzas sobre as árbores de Parco, ata descubrir a capacidade de aprendizaxe dos nenos que habitan no planeta dos xoguetes ou as abellas intelixentes de Kama, sen esquecer experiencias adversas sobre misteriosas desaparicións, homiños altamente tecnificados pero con ideas irracionais ou os absurdos costumes no planeta Osiris… O progreso, a natureza, a renovación pedagóxica, o totalitarismo e o fanatismo son algúns temas que subxacen nestas historias brillantes, sorprendentes e cautivadoras. O Agente X.99 rememora a súa vida nunha sorte de flash-back ante un xornalista, profesión que Rodari exercía, compartindo co público as súas rocambolescas memorias. Tras unha primeira parte narrativa, seguen os divertidos Poemas para rir, engadidos polo autor como apéndice á novela «O planeta das árbores de Nadal» -publicada en 1962- e que se recuperan neste volume por coincidir na temática espacial, na exploración e no descubrimento inesperado.

As ilustracións de Federico Delicado -con figuras caricaturizadas e de chamativas cores - afondan no carácter lúdico dos textos, cuxos protagonistas destacan pola expresión da súa curiosidade e pola actitude observadora e receptiva ao descoñecido.
Leer más
Leer menos
15,00 €