Inventando números
Canto mide un conto, canto pesa unha bágoa? Neste relato dos «contos por teléfono» está a resposta, en insólitas cifras.
		Este maxistral relato é un dos «Contos por teléfono» de Gianni Rodari, gran renovador da literatura infantil e da pedagoxía. Fiel á promesa de contarlle cada noite un conto á súa filla malia a distancia que os separa, o señor Bianchi chámaa e tan deliciosas son as historias que as operadoras paralizan as liñas para oílo. No diálogo-xogo xorden preguntas tan verosímiles como a lonxitude entre dous puntos, e outras tan sorprendentes e surrealistas como canto pesa unha bágoa ou canto mide un conto. As respostas rebordan enxeño, imaxinación e creatividade, cualidades de Rodari que tamén están presentes en «Confundindo historias» e que son ingredientes indispensables no crecemento dos primeiros lectores. 
«Inventando números» tamén adquire autonomía propia como álbum coas orixinais ilustracións de Alessandro Sanna, cheas de colorido e pinceladas que xogan a crear formas coas cifras.
	
	
	«Inventando números» tamén adquire autonomía propia como álbum coas orixinais ilustracións de Alessandro Sanna, cheas de colorido e pinceladas que xogan a crear formas coas cifras.
Otros idiomas:
                            Colección: Clásicos contemporáneos
                                        Edad recomendada: A partir de 3 años   
                                        Páginas: 32
                                        Tamaño: 22 x 30
                                        ISBN: 978-84-8464-631-0
                    
        
                                         Premios : PREMIO ANDERSEN - 1970 
                    
    


