Un e sete

Alemagna, Beatrice Rodari, Gianni Itzulpena: Acevedo Díaz, Carlos

Un relato necesario e esperanzador sobre a infancia, a tolerancia e a diversidade como antídotos contra a violencia e a guerra.

De Roma a Bos Aires, de Moscova a Shanghai… o protagonista de «Un e sete» está en calquera das grandes cidades ou vilas do mundo, son moitos os oficios que se exercen na súa familia, moitas as habilidades que practica e as linguas nas que fala. Este clásico dos «Contos por teléfono» de Gianni Rodari é un canto á diversidade, á variopinta riqueza da humanidade; unha reivindicación da diferenza na igualdade e sobre todo, un manifesto pacifista e antibelicista.

Cun texto sinxelo pero de gran calado literario e xogando coa simboloxía do número sete, o autor recorre a fórmulas que, como a estrutura repetitiva, reforzan a oralidade, tratándose dunha obra escrita para ser contada.

As ilustracións de Beatrice Alemagna danlle protagonismo á infancia: os trazos esquemáticos buscan a identificación co debuxo propio das primeiras idades. Son imaxes de intenso colorido, marcadas texturas e aplicacións de papel a modo de colaxe nas que contrasta o aspecto saturado dos espazos urbanos coa luminosidade da natureza.
Gehiago irakurri
Gutxiago irakurri
17,00 €