Contos por teléfono
Unha obra maxistral con 70 alfaias da literatura breve: relatos imaxinativos, comprometidos, humorísticos e surrealistas cun final sorprendente, ilustrados con garbo e mestría.
Os 70 relatos deste libro maxistral son alfaias da literatura breve, exercicios de grande imaxinación adobiadas de sentido do humor e surrealismo. Uns beben de clásicos como a Alicia de Lewis Carroll ou inspíranse nos contos tradicionais; outros presentan personaxes novos ou obxectos inexistentes nomeados con palabras inventadas. Gianni Rodari -do que se vai cumprir o seu centenario- xoga coa sonoridade da linguaxe, practica unha escrita metafórica de frases curtas e directas coa que potencia a oralidade. Combinando historias intrigantes, ledas, entrañables ou tristes, “Contos por teléfono” tamén reivindica a liberdade, rexeita a guerra e activa a reflexión por parte dos lectores. Sería moi complexo escoller un favorito porque todos son cativadores, frescos e cun final do máis sorprendente.
As ilustracións de Pablo Otero -pintura acrílica sobre lenzo- destacan polo valor simbólico, a proliferación de formas e figuras xeométricas, e o protagonismo da cor. Cunha estética rodariana, mesturan onomatopeas, dobres sentidos, caricaturas e refinados códigos visuais, cun vistoso resultado.

Otros idiomas:
Colección: Libros ilustrados
Edad recomendada: A partir de 8 años
Páginas: 160
Tamaño: 16 x 23,5
ISBN: 978-84-8464-759-1
Premios : PREMIO ISAAC DÍAZ PARDO AO MELLOR LIBRO ILUSTRADO (AGE) - 2011