Era dúas veces o Barón Lamberto
As peripecias dun aristócrata ancián que, grazas a un antigo remedio, experimenta unha progresiva melloría na saúde, entre outros sorprendentes efectos. Unha das historias máis divertidas de Rodari, recuperada no ano do seu centenario.
«Era dúas veces o barón Lamberto» é un relato divertido e disparatado que, ao longo de doce capítulos e un epílogo, conta as peripecias dun ancián e adiñeirado aristócrata que, poñendo en práctica un antigo remedio exipcio, experimenta unha progresiva melloría na súa saúde, entre outros sorprendentes efectos. Trátase dun texto cunha elaborada estrutura narrativa, chea de puntos de inflexión que introducen novos personaxes e tramas que manteñen en vilo a atención e o interese lector. A naturalidade e a fluidez do estilo, a precisión na descrición de lugares ou sucesos e a riqueza léxica, fan dubidar se estamos ante unha historia real ou ficticia; mostra de ata onde Gianni Rodari é quen de transportarnos coa imaxinación. Destaca sobre todo o humor intelixente a través de xogos de palabras, diálogos surrealistas e recursos da literatura do absurdo que nos sitúan ante unha prosa brillante. En consonancia co seu compromiso social, Rodari tamén introduce reflexións éticas sobre temas como o materialismo, a maldade, os dereitos laborais ou o sensacionalismo informativo. Porque o seu fin primordial como autor era reivindicar o inconformismo, a rebeldía e mesmo a liberdade do público para cuestionar o rumbo do conto.
As ilustracións de Javier Zabala son cómplices dese ton humorístico con trazos irregulares e bosquexados, escenas abertas á fantasía e cun certo simbolismo.
As ilustracións de Javier Zabala son cómplices dese ton humorístico con trazos irregulares e bosquexados, escenas abertas á fantasía e cun certo simbolismo.
Otros idiomas:
Colección: 7 Leguas
Edad recomendada: A partir de 8 años
Páginas: 168
Tamaño: 15 x 23,5
ISBN: 978-84-1343-005-8