Lionni, Leo

Lionni, Leo

(Ámsterdam, Holanda, 1910 - Toscana, Italia, 1999)
Leo Lionni creceu nun ambiente artístico -a súa nai foi cantante de ópera, e o seu tío Piet, un grande afeccionado á pintura- e dende moi novo soubo que ese sería o seu destino. En cambio, a súa formación non foi artística, xa que se doutorou en Economía. En 1931 instalouse en Milán e entrou en contacto co deseño gráfico. Trasladouse a América en 1939, e traballou como publicista e deseñador. Medrou a súa fama como artista e os seus cadros comezaron a expoñerse nas mellores galerías, dende os Estados Unidos ao Xapón. Como el mesmo chegou a dicir: "Dalgún modo, nalgún lugar, a arte expresa sempre os sentimentos da infancia". O seu primeiro libro para nenos non chegou ata 1959 e xurdiu case por casualidade: durante unha viaxe en tren ocorréuselle entreter os seus netos cun conto feito a base de anacos de papel de seda. Así naceu “Pequeno Azul e Pequeno Amarelo”, ao que seguiron máis de 40 obras aclamadas en todo o mundo pola crítica especializada. Polos seus méritos como escultor, deseñador, pintor e ilustrador, recibiu en 1984 a Medalla de Ouro do Instituto Americano de Artes Gráficas, entre outros moitos premios.

12 artículos

Fijar Dirección Ascendente
por página