Paso a paso

Lionni, Leo Traducción: Xosé Manuel González

A cola do paporrubio, cinco pasos. O pescozo do flamengo, o peteiro do tucano ... Que útil é unha eiruga para medir cousas!

“Paso a paso”, un clásico de Leo Lionni de 1960, foi o seu primeiro libro de fábulas, protagonizado por unha astuta eiruga que se enxeñou para non ser devorada por diversas aves. As peripecias comezan cun paporrubio que sucumbe ante a curiosidade de saber cantos pasos mide a súa cola. Así é como este ocorrente insecto irá medindo o pescozo do flamengo, o peteiro do tucano e outras partes non menos singulares na anatomía dos paxaros que van aparecendo na historia. Ata que unha vez máis, en risco de ser engulido, o verme volverá sacar partido da súa intelixencia e imaxinación para saír airoso dun xeito que sorprenderá os lectores. Este libro, que gañou a primeira das catro medallas Caldecott recibidas por Leo Lionni ao longo da súa traxectoria, destaca por expoñer a dicotomía entre o material e o intanxible, o cuantificable e o inconmensurable. "Aínda que non ten lección explícita, invita a buscar significado", afirmou o autor desta obra de texto sinxelo, formato dialogado e fondo calado simbólico.

A natureza, a flora coa súa ampla gama de tons verdes e o fermoso colorido da fauna representada, son calidades que Leo Lionni seguiu desenvolvendo en libros posteriores. Tamén a técnica do collage -con figuras resaltadas sobre fondo branco- e a equilibrada composición de cada páxina, convertéronse nas súas marcas de identidade plástica.
Leer más
Leer menos
16,00 €