Números

Lionni, Leo Traducción: Xosé Ballesteros

Amizade, ledicia, xogos... Imos sumando, do 1 ao 10, personaxes e situacións que acompañan os máis pequenos no seu día a día. 

Nestes dous libros de cartón para prelectores creados por Leo Lionni, o poeta Antonio Rubio acompaña as ilustracións do artista con sinxelos textos rimados para prelectores, tecendo unha historia que fía as sucesivas escenas. No caso de «Números», os versos seguen a suma progresiva de personaxes e cifras ata completar, do 1 ao 10, un pequeno abano de situacións cotiás: amizade, xogos, ledicia… En «Cores», os ratiños tínguense de azul, amarelo, verde, vermello ou gris, asociando esas transformacións a distintos elementos ou estados de ánimo.

Transcorreron tres décadas dende a creación destas obras e as colaxes de Leo Lionni seguen sorprendendo pola súa frescura, a coidada composición a base de distintas texturas de papel, a expresividade e a empatía que lles transmiten aos lectores.
Leer más
Leer menos
8,50 €