Cornelio
Mentres os demais crocodilos van a rentes do chan, el camiña ergueito. É diferente, incomprendido. Pero cantas máis cousas pode ver dende a altura que outros non alcanzan!
A historia de Cornelio, como todas as obras de Leo Lionni, invita a pensar e a aprender importantes leccións vitais. O valor da diferenza, a comprensión e o respecto a quen non actúa segundo as convencións establecidas, ademais do esforzo que precisa a aprendizaxe, reflíctense neste clásico da literatura infantil. O crocodilo que protagoniza este conto é o único da súa comunidade que camiña ergueito. Dende esa posición consegue ver o que os seus semellantes non perciben desprazándose a rentes do chan. Pero eles non lle dan importancia á amplitude de miras nin ás vantaxes de evolucionar. Fronte ao conformismo alleo, Cornelio aspira a perseverar aprendendo das habilidades doutros animais, que se amosan contentos de axudalo.
A nivel estético, Leo Lionni emprega as técnicas da colaxe e das manchas de cor que xa están presentes en títulos tan emblemáticos como «Nadarín» e «Paso a paso». Son obras nas que o mundo natural é recreado con dinamismo, riqueza cromática e luminosidade.

Otros idiomas:
Colección: Clásicos contemporáneos
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 36
Tamaño: 22 x 27,5
ISBN: 978-84-8464-451-4