A casa máis grande do mundo

Lionni, Leo Traducción: Xosé Manuel González Barreiro

Unha casa de caracol grande como unha catedral, rechamante como unha torta de aniversario, redonda como un circo. Non será difícil de transportar?

Na súa nenez, Leo Lionni foi un grande admirador dos animais, sobre todo réptiles, que acollía nun terrario con paredes de vidro, acondicionado con area, pedras, fentos e carriza. Desta afección xurdirían, andando o tempo, relatos como o do caracol que arelaba ter unha casa máis chamativa que a de ningún outro dos seus conxéneres; unha metáfora máis sobre a vida, a prudencia, o sentido práctico das cousas, a humildade e a sinxeleza fronte á arrogancia e á superficialidade. Cunha linguaxe de moita riqueza literaria e cunhas ilustracións que destacan pola súa plasticidade e colorido, Leo Lionni presenta esta fábula que segue a senda doutros libros seus, como “Frederick”, “Pequeno Azul e Pequeno Amarelo”, “Nadarín”, “Álex e o rato de corda” e “O soño de Matías”; historias sinxelas que supoñen, en palabras do propio autor, "unha comprensión intuitiva da esencia das cousas e dos acontecementos".
Leer más
Leer menos
16,00 €