Unha cor propia
Fábula contemporánea que narra a aventura dun camaleón na procura da súa identidade. Porque o importante non é deixar de mudar de cor, senón compartila con alguén.
A mestría de Leo Lionni non precisa de fogos de artificio para transmitirlle ao lector que as emocións do camaleón son tamén as súas e que as súas incertezas son compartidas. “Unha cor propia” transmítenos o sentido de unicidade, e ao mesmo tempo de pertenza e de ciclicidade que caracterizan a existencia dos seres vivos. Narra a aventura dun camaleón na procura da súa identidade e o descubrimento final de que o importante non é deixar de mudar de cor, senón compartila con alguén.
Imaxes esenciais e sinxelas en que prevalecen a cor e as transparencias, así como un texto mesurado, son as características deste álbum sinxelo e profundo á vez. Esta historia, que como todas as do autor está protagonizada por animais humildes, ten diferentes niveis de lectura e grazas a unha impecable construción narrativa, serán os nosos lectores quen interrogarán o libro.

Otros idiomas:
Colección: Clásicos contemporáneos
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 36
Tamaño: 22x22
ISBN: 978-84-1343-146-8