Pequeno Azul e Pequeno Amarelo
Libro precursor que xa é un clásico da literatura. Sinxeleza e harmonía convertidas en obra de arte grazas ao talento de Leo Lionni.
Cando lle preguntaron á ilustradora alemana Jutta Bauer polo libro “Pequeno Azul e Pequeno Amarelo”, calificouno como “a obra dun mestre”. Leo Lionni empregou un sistema tan eficaz e sinxelo como uns anacos de papel e unhas poucas palabras, para contar unha historia entrañable. KALANDRAKA recuperou este conto maxistral que, malia remontarse a 1959, foi precursor na súa época e mantén aínda toda a súa vixencia.
A historia destaca pola tenrura e pola orixinalidade da proposta plástica, en perfecta harmonía cun texto a base de frases simples e descritivas. Dúas pequenas cores fúndense nun abrazo sen decatarse de que se converten nunha nova cor, o que fai que ninguén as recoñeza. As bágoas fanlles recuperar a súa forma orixinal, un descubrimento que celebran e comparten con todos os seus amigos. É así como, a partir de entón, xogarán a crear novas gamas cromáticas.
Baixo a aparente naturalidade deste relato subxace unha historia que enxalza a amizade, a inocencia, a identidade individual e colectiva; á vez que os primeiros lectores reciben unha lección artística sobre cores, tamaños e direccións. Aplicada a estes tempos, Leo Lionni transmite que non importan as diferenzas entre as persoas cando o relevante é a solidariedade, a comprensión e a convivencia.

Otros idiomas:
Colección: Clásicos contemporáneos
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 48
Tamaño: 22 x 22
ISBN: 978-84-8464-795-9