Frederick
Todos os ratiños recollían comida para o duro inverno, menos Frederick, que recollía cores e raios de sol, como bo poeta e artista.
Unha familia de ratiños recolle provisións e todos traballan, agás Frederick, que aparentemente non fai nada. Pero sen que os demais o saiban, el tamén se aprovisiona: raiolas de sol, cores, palabras... Cando chega o inverno, os seus compañeiros recoñecen que a súa misión poética fora esencial para que os ratos sobrelevaran mellor a crueza da estación invernal. E así Frederick é aceptado tal e como é. Leo Lionni é un dos pioneiros do álbum ilustrado moderno. Un dos temas que aborda o relato é a individualidade, o descubrimento e a aceptación da propia identidade. Frederick é poeta e demostra que, á súa maneira, tamén fai unha achega ao colectivo. O artista non se presenta como un ser automarxinado, senón como alguén necesario para os demais. Fronte á importancia do traballo, Frederick reivindica a necesidade de alimentarse de máis cousas que palla e noces.
Frederick pode parecer egoísta, pero ese egoísmo é, simplemente, unha mostra de fidelidade consigo mesmo. Lonxe de recriminarlle a súa aparente pasividade, os seus veciños de tobo permítenlle meditar, respectan a súa introspección e teñen curiosidade por ese mundo misterioso que, finalmente, agradecen.
O autor reflicte aquí a importancia da liberdade individual: os lectores séntense amparados, pois saben que os ratiños respectarán a individualidade de Frederick. Leo Lionni transmítenos que hai que ser o que un desexa, e selo sen temor, posto que os demais poderano asumir e entender.

Otros idiomas:
Colección: Clásicos contemporáneos
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 40
Tamaño: 22 x 30
ISBN: 978-84-8464-502-3