Álex e o rato de corda
Premiado coa Medalla Caldecott, un clásico sobre a crecente amizade entre dous ratiños, un de verdade e outro mecánico.
Este clásico de Leo Lionni, publicado por primeira vez en 1969, é a historia de Álex e Guille, dous ratos de distinta natureza -un de carne e óso; outro mecánico- unidos pola amizade. Esa diferenza non é obstáculo para que se fagan compañía, compartindo aventuras e felicidade. O rato de xoguete non bota de menos a liberdade de moverse ao seu antollo porque se sinte querido pola nena da casa. Non obstante, farto de que o persigan coa vasoira, Álex daría calquera cousa por acadar o afecto do que carece.
A maxia da lúa preséntaselle ao ratiño maltratado como a oportunidade de ser igual ao seu amigo, cheo de abrazos malia renunciar á súa capacidade para moverse por si mesmo. Finalmente, Álex dáse conta do efémero que era o afecto do que Guille presumía e, nun acto de xenerosidade, pide para o seu amigo un desexo que procurara inicialmente para el.
Premiado coa Medalla de Honor Caldecott, este álbum ilustrado coa técnica do collage e de gran simplicidade gráfica, é representativo do característico estilo artístico do seu autor.

Otros idiomas:
Colección: Clásicos contemporáneos
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 40
Tamaño: 22 x 27,5
ISBN: 978-84-8464-310-4
Premios : MEDALLA DE HONOR CALDECOTT (1969)