A casa da mosca chosca

Conto popular ruso. Na casa da mosca hai unha torta de amoras, sete pratos, sete banquetas, sete animais a punto de merendar. Xa non cabe ninguén máis… pero alguén peta na porta.

A mosca chosca cansou de revoar sen rumbo e construíu unha casa para ter un lugar onde recibir outros habitantes do bosque. Fixo un pastel de amoras, puxo sete banquetas e sete pratos. E, co arrecendo da torta, foron aparecendo -do máis pequerrecho ao máis grande- sete curiosos animais. «A casa da mosca chosca» é unha adaptación realizada a partir do conto popular ruso recuperado por Aleksandr Afanásiev. Os protagonistas introducen os lectores nun divertido xogo de números, tamaños, rimas, repeticións e ritmos, que son elementos propios da tradición oral.

Utilizando cores “explosivas, case fluorescentes”, Sergio Mora crea unhas criaturas extravagantes, de aspecto transgresor, con moito humor e expresividade. Un conto acumulativo que invita ao xogo fonético; unha historia para ler e contar, que medra en intensidade ao paso de cada páxina ata chegar a un sorprendente final.
Leer más
Leer menos
14,00 €