Chibos Chibóns

Conto popular. Isto é o que lles sucedeu a tres chibos, un grande, outro mediano e outro pequeno, que un día quixeron cruzar a ponte para comer herba, e deron cun ogro.

Un día viron unha herba moi verde que crecía no outro lado do río. Pero para chegar aló había que cruzar unha ponte e debaixo dela vivía un ogro terrible que non deixaba pasar a ninguén. Así pois, o chibo pequeno, o chibo mediano e o chibo grande tiveron que argallar o xeito de burlar o monstro. Unha historia que demostra que a intelixencia e o enxeño poden máis que a forza física. Olalla González adaptou para os primeiros lectores este conto popular europeo, cunha versión especialmente creada para ser contada. En «Chibos chibóns», os cativos atoparán un xogo de tamaños, números e sons que tamén se traduce nun xogo tipográfico a través das páxinas do libro. Federico Fernández achégalle á historia grandes doses de humor, creando personaxes dotados de moita expresividade nos seus xestos e actitudes.

Existe outra versión deste álbum adaptada ao sistema de pictogramas na colección Makakiños de KALANDRAKA, destinada a persoas con necesidades de apoio educativo.
Leer más
Leer menos
14,00 €