Garavanciño

Conto popular. Fronte ao pequeno tamaño do seu protagonista, destaca a súa grandeza de corazón e de intelixencia; agora volve cunha nova proposta plástica, a base de collage e lapis de cores.

KALANDRAKA recuperou este relato de tradición oral, de estrutura encadeada e ritmo acumulativo. Como todos os que pertencen a este xénero, “Garavanciño” posúe un alto nivel pedagóxico e contribúe a construír a mente dos primeiros lectores, porque os contos populares son o nexo entre a cultura dos maiores e o mundo moderno actual. A historia enmárcase nun ambiente familiar e protector, propio do fogar; pero lonxe de inculcarlle complexos e debilidades ao protagonista a causa do seu pequeno tamaño, transmite unha mensaxe positiva: Garavanciño é forte, ten iniciativa, sabe afrontar e resolver os problemas que lle xorden; e ademais, neste caso, con final feliz.
Leer más
Leer menos
14,00 €