O coelliño branco

Conto popular portugués. Un animal minúsculo gáñalle a partida ao mangallón. Invitación divertida ao xogo de palabras.

Na busca de axuda para reconquistar o seu fogar, ocupado pola terrible cabra cabraza, que se lle salta enriba o esmagaza, o coelliño branco levará varias sorpresas. Trátase dun texto-fórmula concebido tanto para ser lido como para ser contado, e que xoga dunha forma especial coa sonoridade e coa rima. Tamén reivindica a amizade e a coraxe como proba de que a valentía non é cuestión de tamaños. «O coelliño branco» é unha adaptación de Xosé Ballesteros a partir dun conto popular portugués, con ilustracións de Óscar Villán que, por esta obra, foi galardoado en 1999 co 1º Premio Nacional de Ilustración. O álbum foi incluído polo Banco do Libro de Venezuela no catálogo Os Mellores Libros para Nenos do 2000. Tamén se publicou na colección Makakiños, en colaboración coa Asociación BATA, adaptándoo ao sistema de pictogramas SPC para facilitar a lectura ás persoas con necesidades de apoio educativo.
Leer más
Leer menos
14,00 €