A verdadeira historia de Carapuchiña

Almodóvar, Antonio Rodríguez Taeger, Marc Traducción: Vitoria Ballesteros

Conto popular. A versión máis esperada de Carapuchiña, rescatada do folclore francés, mantén toda a frescura, sabedoría e oralidade dos contos da avoa.

Detalles que ata agora pasaran desapercibidos sobre a vida cotiá de Carapuchiña -a súa torpeza para a costura, a súa fama de larpeira, a súa curiosidade extrema- saen á luz nesta obra. Froito dun intenso labor de investigación, Rodríguez Almodóvar non escatima en detalles: conversas entre nai e filla, entre nena e lobo, están fielmente plasmadas… Así, desentraña o plan do malvado animal para devorar unha Carapuchiña que se describe como unha cativa inocente, aínda que habilmente astuta ao final do conto. Cunha linguaxe descritiva e abundantes pinceladas poéticas, o autor non elude evocar paisaxes características do relato clásico: “avoíña, que uñas tan grandes tes, que ombros tan anchos, que nariz…”.

Tras afondar nas numerosas versións que circulan polo mundo sobre as peripecias de Carapuchiña, nesta “verdadeira historia” plásmanse personaxes como o gato da avoa, tan trascendentais para un desenlace feliz.

O clasicismo narrativo contrasta co aspecto rompedor e vangardista das ilustracións, cun estilo rústico e contundente: Carapuchiña podía ter saído do garabato dun neno e o lobo podía ter fuxido dun cadro de Picasso. Vermello, branco e negro é a gama cromática básica das composicións, a base de técnicas que evidencian un traballo de experimentación previo. A paisaxe ten un gran protagonismo, compartido coa expresividade dos personaxes: a representación de Carapuchiña sorprenderá en todas as páxinas do libro.
Leer más
Leer menos
14,00 €