A casiña de chocolate

Grimm, J. & W. Traducción: Eva Almazán

Conto dos irmáns Grimm. Cunha persoal pincelada artística, toda a esencia do clásico alemán: Hansel e Gretel, abandonados nun bosque misterioso á mercé dunha tiránica bruxa.

A aventura de Hänsel e Gretel é unha das obras máis coñecidas dos irmáns Grimm, creadores doutros relatos mundialmente extendidos, como “Os sete cabritos”, “O zapateiro e os trasnos”, ou “O anano saltareiro”, que tamén foron adaptados por KALANDRAKA. Forman parte da tradición oral alemana, da que estes autores foron destacados impulsores e estudosos. Este relato -traducido a partir da versión orixinal- invita a pensar sobre as penurias que padece a xente sen recursos, pero tamén amosa a maldade de personaxes que, como a madrastra, non dubidan en primar o seu benestar fronte ao de seres indefensos. Fronte a ela, Hänsel e Gretel demostran que as adversidades véncense con astucia e sen perder nunca a esperanza.

No ano do seu 10º Aniversario, KALANDRAKA recupera e renova este título, un dos que inaugurou a colección ‘Os contos do trasno’.

Pablo Auladell ofrece unha colección de imaxes que plasman a inquedanza, o desamparo e a hostilidade que sofren os nenos, abandoados para que sobrevivan polos seus propios medios no bosque. As ilustracións presentan un mundo ameazante, onde nada é o que parece; mesmo os proxenitores adquiren unha dimensión monstruosa e os corvos da vida axexan cada paso que dan os nenos ata que se enfrontan coa bruxa. Dende o seu clasicismo elegante e panorámico, as ilustracións -realizadas con acrílicos e acuarelas- apuntan a un certo tipo de fábulas e mitos clásicos; á vez, o seu expresionismo -participado de elementos surrealistas- úneas con estéticas máis contemporáneas.
Leer más
Leer menos
14,00 €