O patiño feo

Conto de Hans Christian Andersen. Adaptación para primeiros lectores do conto máis universal do creador da literatura infantil. Porque a beleza física só é un punto de vista...

Para os críticos literarios, “O patiño feo” é unha historia coa que o propio Andersen conta os momentos máis difíciles da súa vida, polas mofas que aturou ata que logrou o recoñecemento como autor. Pertenceu a unha familia humilde e a penas tivo estudos: o seu xogo preferido era un teatriño de títeres, do que xurdiu a súa vocación de dramaturgo. Aos 14 años trasladouse a Copenhague, soñando con trunfar no teatro, onde foi bailarín, corista e autor de traxedias, ata que o mecenas Jonas Collins lle conseguiu unha praza na escola latina de Slagelse. Eses anos deixáronlle unha pegada imborrable, que plasmou neste conto universalmente coñecido. Este texto é unha adaptación especial para primeiros lectores. A obra orixinal foi revisada contando coas claves esenciais que caracterizan a oralidade: narración áxil e directa, predominio da acción sobre a descrición… Ademais de “O patiño feo”, KALANDRAKA tamén adaptou, deste mesmo autor, a obra “O traxe novo do rei”.
Leer más
Leer menos
14,00 €