Once damas atrevidas
Conto popular. «Once damas atrevidas camiñaron ata Fez; unha perdeuse nos contos, non quedaron máis que dez...», pero aínda hai moita viaxe por diante.
Estas damas atrevidas farán un percorrido por todo o mundo e, en cada aventura, desaparecerá unha... “Once damas atrevidas” aproveita a estrutura das rimas populares que se atopan en todos os pobos para crear un conto que actualiza e aproxima os primeros lectores a unha vella rima tradicional, mediante o recurso dunha viaxe imaxinaria a través de diferentes espazos xeográficos e realidades culturais. Isto ofrécelles aos lectores a posibilidade de participar do conto grazas á repetición dese esquema narrativo e descubrir ao mesmo tempo certos fitos culturais, arquitectónicos ou paisaxísticos das terras polas que van realizando esa viaxe. Estamos ante unha actualización dos temas de sempre, realizada cun certo ton humorístico e desenfadado, tanto no que respecta ao texto como ás ilustracións.
Precisamente, a proposta estética invita a unha viaxe polas cores e as atmosferas, que fan da súa observación un xogo que se satisfai cos continuos descubrimentos da riqueza de detalles que caracteriza o traballo de Helle Thomassen.
Este libro foi recomendado polo seminario de Librarías Especializadas en Literatura Infantil da Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros (CEGAL).

Otros idiomas:
Colección: Cuentos tradicionales
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 32
Tamaño: 22 x 22
ISBN: 978-84-8464-085-1
Premios : PROGRAMA NACIONAL DE LECTURA (SEP México) 2007
Selección MINISTERIO DE EDUCACIÓN (Argentina) 2014