O pirata pata de lata

A ritmo de pareado e cunha atractiva proposta artística, o bucaneiro desta historia percorre o mundo en busca de pelexa, sen máis contrincante que unha pobre pantasma que non está polo labor de combater.

Chegan novas de que “O pirata pata de lata” deixa o seu retiro e volve á carga con enerxías renovadas, tratando de incordiar a cantos atope ao seu paso, sexan de carne e óso, ou simples espíritos. Porque o ancho mar xa non é o que era e a este bucaneiro revoltoso resúltalle cada vez máis complicado dar cun contrincante á altura das boas pelexas de antano, sable en ristre. Os soños resultan ser o mellor refuxio onde dar renda solta ás súas ansias belicosas: durmir ‘a pata de lata’ solta proporciónalle momentos de gloria, imaxinando múltiples batallas nas que, curiosamente, el sempre resulta vencedor. Un relato para primeiros lectores, divertido e inxenioso. Os seus versos evocan un mundo mítico e transportan o lector aos escenarios onde transcorren as rimas de Espronceda ou as aventuras de ‘A illa do tesouro’ de Stevenson. As ilustracións, que mesturan a técnica do collage con materiais como tinta e acuarela, contribúen a crear esa atmosfera intrépida e exótica.
Leer más
Leer menos
14,00 €