Os ratos da casa
Uns roedores aventureiros chegan a unha casa. Buscan aloxamento, comida? Un conto rimado que, encadeando palabras, fará rir a toda a familia.
“Os ratos da casa” é un divertido álbum para primeiros lectores sobre as peripecias dunha intrépida familia de roedores que sae do monte e chega a unha casa. Buscan aloxamento? Comida? Non importa tanto a meta como o camiño. Encadeando os personaxes e os elementos que actúan na trama e utilizando a rima, Oli guíanos nunha viaxe que busca novas formas de contar unha historia empregando estruturas narrativas propias da nosa tradición oral e doutras culturas próximas.
Cun ton entre poético e humorístico, somos partícipes dun simpático relato que transcorre no tránsito do solpor ao amencer, e no que non faltan sobresaltos para os ousados ratiños, como a inoportuna presenza doutro animal que os sorprende coas ‘patas’ na masa.
As ilustracións de Natalia Colombo destacan pola riqueza cromática, a utilización de ceras e lapis de cores, e a representación de espazos domésticos, onde os lectores poderán atopar graciosas chiscadelas cotiás.

Otros idiomas:
Colección: Obras de autor/a
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 36
Tamaño: 20 x 20
ISBN: 978-84-8464-466-8