O pito cairo

Conto popular. Esta é a historia dun poliño que un día se atopou cunha bolsa chea de moedas de ouro. Levoulla ao rei; pero aquel rei era moi, moi mesquiño.

“O pito cairo” é un conto popular portugués de estrutura rítmica, repetitiva e circular; axustado ás esixencias da lectura, pero que conserva a frescura da oralidade. No relato sucédense unha serie de acontecementos fantásticos, acumulativos e regresivos. Ante o descubrimento dunha enorme fortuna, o pito cre que, entregándolle esas riquezas ao rey, gañará a súa simpatía. Como moitos poderosos que non actúan coa xustiza debida e coa xenerosidade agardada, o monarca desta historia resulta ser o perfecto exemplo da avaricia e da mesquindade. Finalmente, todo se resolve grazas á astucia do poliño para burlar o rei e á habilidade doutros personaxes que se cruzaran no seu camiño.

Co seu estilo característico, Helle Thomassen crea un conxunto de ilustracións de trazos pouco definidos que destacan polo colorido, a expresividade e o sentido do humor. As accións transcorren en espazos diversos, enmarcadas ou integradas no texto.
Leer más
Leer menos
14,00 €

Otros idiomas: