Ratos de viaxe

Cargados de equipaxe e viaxando en caravana, os ratos deste conto marchan á praia. Rimas divertidas e encadeadas para unhas vacaciones con moitas aventuras.

Despois de “Os ratos da casa”, as novas aventuras destes simpáticos roedores trasládanse á praia para gozaren do bo tempo mentres se divirten. Pero mesmo os preparativos e o propio itinerario convértense nunha animada peripecia. Dende o punto de vista literario, “Ratos de viaxe” mantén a estrutura do texto primixenio, con estrofas de catro versos, rima consoante e palabras encadeadas. Este esquema acentúa o ritmo do relato, potencia a súa oralidade e facilita o seguemento da obra por parte dos primeiros lectores. A historia transcorre nun ambiente de ledicia, humor e emoción polo comezo dunhas prometedoras vacacións. E ao fin, unha autocaravana chea de macutos e de ratiños rebuldeiros chega ata o mar, onde atopan a moitos máis bañistas tomando o sol.

Entre xogos, anécdotas e atrancos, este libro tamén destaca pola proposta plástica, de luminoso colorido e abondosos detalles: maletas, flotadores, parasoles, toallas e utensilios de praia son parte do surtido equipaxe dos protagonistas. Nas ilustracións non falta algún aceno a personaxes doutros contos.
Leer más
Leer menos
14,00 €

Otros idiomas: