Artur
Dentro da casca, Artur estaba seguro, pero moi incómodo. O seu cuarto quedáralle pequeno, ata que descubriu que aquel ovo era unha parte moi pequena dun mundo enorme e descoñecido.
Dentro da casca, Artur sentíase a salvo, pero estaba moi apretado. Xa non cabía naquel cálido cuarto de paredes brancas, así que non lle quedou máis remedio que saír de alí. Descubriu entón que habitaba unha parte moi pequena dun mundo enorme e descoñecido que se abría ante os seus ollos sorprendidos e curiosos. “Artur” é un libro de cartón duro para pre-lectores e primeiros lectores, que aborda a fraxilidade dos recén nacidos: que senten, cal é a súa impresión inicial do contorno ao que chegan, os seus temores e inseguridades. Reflicte tamén a tenrura e o instinto de protección que suscita nos lectores adultos a figura do protagonista, indefenso ante canto o rodea e ao que lle agarda un longo proceso de aprendizaxe.
O texto, sinxelo e cun alto compoñente sensitivo, complétase cunhas ilustracións que, sobre fondo branco, destacan polos seus trazos grosos e fortes, as cores intensas e as formas esquemáticas, para facilitar a súa identificación e comprensión por parte dos máis cativos.

Colección: Acartonados
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 26
Tamaño: 19 x 19
ISBN: 978-84-8464-388-3
Premios : Selección MINISTERIO DE EDUCACIÓN (Argentina) 2015
PROGRAMA NATI PER LEGGERE (Italia) 2012