Labirinto. Diario de viaxe dun artista monocromo
Unha viaxe ao corazón de África, cuxas paisaxes, cores, sabores e segredos axudaron ao autor a descifrar o seu propio labirinto creativo.
O mundo creativo do pintor que protagoniza «Labirinto» reducíase a unha paleta de tonalidades escuras ata que unha viaxe ao corazón do continente africano permitiulle descubrir impoñentes paisaxes, expor os seus sentidos a novos estímulos —aromas, cores, sabores, texturas…— e convivir coas súas xentes para coñecer costumes milenarios. O impacto desa experiencia inmersiva non só se acaba reflectindo na súa obra, senón que transcende mesmo
a mentalidade do propio artista no camiño que transita ata atopar o seu estilo persoal.
O autor e ilustrador Ramón Trigo elabora este “Diario de viaxe dun artista monocromo” a partir da súa estadía en Nixeria, onde colaborou cun grupo diverso de creadores locais. «Labirinto» amosa, a través deste libro pictórico e simbólico, a súa visión dun país que lle causou unha fonda impresión. Cada páxina é unha obra de arte que, do branco e negro inicial, pasa a un crisol de intensas cores que remiten a un océano axitado e unha terra exuberante chea de misterios.
Son escenarios rústicos a base de manchas de pintura e marcadas texturas sobre as que se superpoñen aplicacións de colaxe. O texto, sinxelo e descritivo, contrasta cunha linguaxe visual paralela de imaxes impactantes, orixinais e suxestivas: dende o globo aerostático que evoca as aventuras literarias de Xulio Verne, ata as metáforas visuais —un río de vehículos, un sendeiro de teas típicas, un bosque de cerámicas artesanais, unha nube de azafrán…— ou o final circular que entronca coa estrutura dos contos tradicionais.

Otros idiomas:
Colección: Álbum ilustrado
Edad recomendada: A partir de 6 años
Páginas: 40
Tamaño: 24 x 24
ISBN: 978-84-1343-318-9