Cousiña Linda
Unha das obras imprescindibles de Anthony Browne, un álbum tenro e con doses de humor sobre o valor da amizade e a solidariedade.
«Cousiña Linda» é un dos títulos fundamentais na extensa bibliografía de Anthony Browne; un canto á amizade verdadeira e á solidariedade que destaca polo seu sentido do humor, a tenrura e o contraste entre a aparencia e o comportamento dos seus entrañables protagonistas: un robusto gorila —unha figura moi presente na obra deste autor— e unha delicada gatiña. Anthony Browne inspirouse nos personaxes reais de Koko e All Ball, unha gorila adestrada por científicos da Universidade de Stanford para comunicarse en lingua de signos e mais un gato ao que coidaba coma un fillo ata que desapareceu, causándolle moita pena. A partir deste experimento, realizado en 1974, xurdiu este clásico da literatura infantil que, dende distintos planos de lectura, aborda reflexións sobre a vida en catividade dos animais salvaxes, os estereotipos que lles atribúen unha agresividade proporcional ao seu tamaño ou a capacidade para expresaren emocións.
Malia vivir rodeado de comodidades, a soidade é motivo de tristura para o primate desta historia ata que a chegada de Linda revela que se trata dun simio cariñoso, sensible e xeneroso que, con todo, tamén pode chegar a exteriorizar sentimentos tan humanos como o disgusto e a ira. É aí onde o relato toma un final inesperado que acaba por rachar os moldes convencionais.
Como noutros libros de Anthony Browne, as ilustracións están cheas de detalles sorprendentes, irónicos e fantásticos que compensan a brevidade do texto: dende a contorna humanizada que rodea o gorila ata referencias artísticas ou da cultura audiovisual do século XX, pasando polo papel pintado con motivos florais que suple a vexetación do seu hábitat natural. Tamén destacan por combinar planos de grande expresividade con escenas bosquexadas e pola aplicación do uso simbólico da cor.

Otros idiomas:
Colección: Clásicos contemporáneos
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 32
Tamaño: 26 x 30
ISBN: 978-84-1343-308-0