Ernesto o elefante

Browne, Anthony Traducción: Sandra e Óscar Senra Gómez

Ningún outro habitante da selva lle axuda a volver coa súa manda. Nin o máis forte, nin o máis fero, nin o máis veloz dos animais. Pero o máis cativo sorpréndeo...

Ernesto perdeuse na selva e ningún dos seus habitantes parece querer axudalo a volver coa súa manda de elefantes. Nin o máis forte, nin o máis fero, nin o máis veloz dos animais fai o mínimo ademán de escoitalo e trátano con desdén. Pero a máis cativa das criaturas sorpréndeo dándolle a comprensión e a colaboración que precisa. Anthony Browne reflicte nesta historia o carácter intrépido do protagonista, a curiosidade propia da infancia, pero tamén o medo cando descobre que se atopa só e alonxado da figura adulta que o protexe dos perigos. A falta de empatía daqueles aos que interpela remítenos a unha sociedade individualista e insensible -como a actual- aos problemas alleos. Pero as aparencias enganan e, quen semella débil e insignificante, pode resultar o ser máis valente e generoso, sen pedir nada a cambio.

Co detallismo que o caracteriza ao longo dunha ampla e prestixiosa traxectoria, o autor presenta unha obra chea de colorido e exotismo escénico, con personaxes retratados de xeito exhaustivo e expresivo, acorde ao abano de emocións que se despregan ao longo do relato.
Leer más
Leer menos
16,00 €