O libro dos porcos

Browne, Anthony Traducción: Xosé Manuel González

Un álbum que convida á reflexión sobre as relacións familiares, o machismo e os estereotipos de xénero.

Así un día e outro día, ata que a señora Porcón se fartou de que sempre a trataran coma unha criada. Cando decide marchar, a súa nota de despedida é demoledora: “Sodes uns porcos!”. Papá Porcón e os seus fillos terán daquela que facerse cargo de tódalas tarefas domésticas que antano tiñan resoltas: limpar, facer a comida, as camas, pasar o ferro... “O libro dos porcos” é un traballo altamente recomendable para iniciar aos lectores nunha educación baseada na igualdade, na colaboración e no concepto de familia. O autor válese dunha sinxela metáfora visual para explicar o seu obxectivo: no momento no que o aseo e as normas do fogar se descoidan, os protagonistas son representados non como persoas, senón como cochos. A figura do porco permite así reflexionar sobre os diferentes significados -literais ou figurados- desta palabra tan simbólica: ser porco ou comportarse como tal.
Leer más
Leer menos
16,00 €