Que tal estás?
Aburridos, contentos, tristes... Un álbum sobre a expresión das emocións infantís a base de palabras e imaxes sinxelas, xogos cromáticos e tipográficos; que favorece o autocoñecemento e a socialización dos máis pequenos.
Con este libro, os máis pequenos aprenderán a expresar como se senten, a través de imaxes e palabras sinxelas: aburridos, contentos, tristes… Ten un texto breve que se complementa á perfección cunhas ilustracións nas que destacan a expresión e a actitude do personaxe, aderezadas con elementos cotiás de atrezzo -xoguetes, pinturas, libros...- que reforzan cada concepto coa súa correspondente descrición visual.
Anthony Browne lévanos ao mundo das emocións infantís, xoga coas cores, cos tamaños, coas tipografías: figuras que minguan ou agrandan; trazos ondulantes; palabras maiúsculas, minúsculas ou cursivas, diferentes en función da súa carga emotiva.
“Que tal estás?” é un libro para pre-lectores e primeiros lectores, un libro de autocoñecemento e de socialización.

Otros idiomas:
Colección: Clásicos contemporáneos
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 32
Tamaño: 22 x 27
ISBN: 978-84-8464-723-2
Premios : OS + 2012 (Fundación Germán Sánchez Ruipérez)
PLAN NACIONAL DE LECTURA (PNL Portugal)