No bosque

Browne, Anthony Traducción: Chema Heras e Pilar Martínez

Reinventando o conto de Carapuchiña, o neno deste intrigante relato adéntrase no bosque, onde atopará diversos camiños e tamén perigos...

O protagonista identifícase implicitamente co personaxe de Carapuchiña Vermella: o seu pai non está na casa, a súa nai pídelle que lle leve un biscoito á avoa enferma e, ao igual que a nena do conto clásico, debe elixir entre un camiño longo e outro curto para chegar ao seu destino. Un relato fondamente imaxinativo para explorar a fantasía dos nenos, os seus medos e inquedanzas. Anthony Browne acompaña os lectores nunha inesquecible viaxe ás entrañas dun bosque cheo de misterio, onde conflúen personaxes doutros relatos recoñecibles, e onde nada é o que parece.
Leer más
Leer menos
16,50 €