Un máis

Mamá está gordecha e o coelliño percorre o bosque dando a boa noticia: a familia medra! Pero, cando nacerá? Mamá sempre responde: "Cando xa non poida ver os meus pés".

A chegada dun novo irmán ou irmá suscita a curiosidade do protagonista de “Un máis”, un relato para primeiros lectores que destaca pola súa estrutura repetitiva a tres niveis: pola reiteración das fórmulas coas que pequeno coello interpela a súa nai para saber cando se producirá o nacemento; a outros habitantes do bosque anunciándolles a boa nova e trasladándolles a súa insistente pregunta; e por como imaxina os xogos que poderán compartir. Tenrura, solidariedade, ledicia, emoción -e unha sorpresa final- son os sentimentos que abrollan nesta historia, plasmada en ilustracións de trazos definidos, liñas irregulares, esquemáticas, e acuarelas de tons suaves sobre fondo branco. Destaca a dicotomía entre as escenas a toda cor e outras monocromas onde se evidencian os soños e os desexos de quen se prepara para ser o irmán maior.
Leer más
Leer menos
15,00 €