Charlotte
Unha emotiva historia de familia, convivencia e solidariedade. Un breve relato cheo de amor e sabedoría sobre a xustiza, o sentido da vida e a morte dende os ollos da infancia. A partir do 19 de xaneiro en librarías
Con case sete anos, Charlotte escribe o que sucede na súa vida cotiá e na súa contorna: unha familia bohemia rodeada de natureza, unha veciñanza multicultural onde conviven de forma respectuosa e solidaria, o fogar que forma coa súa nai e o seu pai, un irmán e unha irmá, un can e un gato. Para ela no existen os prexuízos dos adultos e trata de entender o mundo cunha sorprendente madurez, preguntándose polo significado da morte, interesándose polas causas xustas, rebelándose contra as normas dos maiores e argumentando os seus propios criterios. O seu xeito de expresarse é natural e espontáneo, tal como fala e pensa. Así é Charlotte: fantasía, idealismo e unha divertida tendencia a inventar palabras. Con todo, detalles familiares que parecen intranscendentes revelan unha terrible situación: a enfermidade da súa nai avanza e a protagonista experimenta tristura, enfado, impotencia…
Consuelo Vercher constrúe unha fermosa historia, con sensibilidade e un elaborado rexistro literario. Como fotografías do álbum familiar, as ilustracións hiperrealistas de Clara Encinas -a base de grafito e unha sutil presenza do color- reforzan a beleza do texto representando os personaxes, os escenarios que habitan e os obxectos que os caracterizan, entre os que destaca o simbolismo das flores.

Otros idiomas:
Colección: 7 Leguas
Edad recomendada: A partir de 8 años
Páginas: 56
Tamaño: 15 x 23,5
ISBN: 978-84-1343-272-4