Agni e a chuvia

Sales, Dora Flores, Enrique Translation: Tamara Andrés

Pobreza e invisibilidade son o día a día dun neno de 10 anos en Bombai. Dende os 6 traballa nun lavadoiro. E malia todo, sempre sorrí.

O sol ponse á mesma hora para todos os habitantes de Bombai. Ao regresar ás súas casas, algúns poderán abrir as billas para lavarse e preparar a cea pero a maioría, que carecen de auga corrente, terán que repartir entre toda a familia o contido dos caldeiros que foron encher ás fontes públicas. …Como Agni, un neno de dez anos que xa dende os seis traballa nun lavadoiro. Mentras frega e refrega sen parar, Agni soña que algún día cambiará a súa sorte. O seu soño é o dos máis de 250 millóns de nenos e nenas que madrugan cada día, non para ir á escola ou xogar, senón para traballar, forzados polas redes de explotación e de escravitude infantil ou de xeito «voluntario» para axudar as súas familias, sumidas na pobreza.

Unha historia triste -entre a melancolía e a luminosidade- que Dora Sales transmite cunha ollada tenra centrada no valor dos sentimentos, da esperanza e da vontade por progresar do protagonista, que emociona e xera empatía. As acuarelas de Enrique Flores, que destacan polo trazo rápido e imperfecto, transpórtannos ao fogar, á barriada, ao inmenso tendal…
Read more
Read less
€16.00