A árbore dos soños
Porque non é delito escribir, e menos sobre árbores, Huvez solidarízase con outro autor e crea a historia dun bonsai, dunha cerdeira, dunha árbore namorada... Convencerá o xuíz cos seus textos?
En plena crise de creatividade, incapaz de entregar un libro comprometido, unha sorprendente nova no xornal -a detención dun home por escribir sobre as árbores e os paxaros- esperta a solidariedade dun autor, que decide escribir cinco relatos protagonizados por árbores para esixirlle ao xuíz que o seu colega descoñecido sexa inmediatamente absolto. E así, como o zume das plantas, comezan a fluír as ideas e os personaxes: unha árbore namorado, a árbore do patio dunha escola, un semáforo e un bonsai que arelaban ser árbore, e unha árbore soñadora. En realidade, cada árbore é un disfrace -máscaras, a modo de capítulos- que este autor utiliza para escribir sobre si mesmo: a lembranza do primeiro amor, os seus sentimentos, soños e ilusións, a busca da felicidade e a autoaceptación. Detrás deste libro de contos aparentemente independentes -pero interrelacionados a través dunha estrutura circular- subxace unha novela iniciática que Fernando Alonso invita a abordar, con espíritu libre e creativo, como un xogo de creación/recreación.
“Semella que escribir se converteu nunha actividade perigosa”, afirma profeticamente o protagonista de “A árbore dos soños”, defensor da liberdade de expresión e enemigo da censura. A recuperación desta obra cheega nun momento necesario e oportuno: dende a calidade literaria, a elegancia e a precisión narrativa, a riqueza e a simboloxía das palabras, los acenos líricos, Fernando Alonso transmite unha mensaxe esperanzadora e dinos que os soños poden facerse realidade. As ilustracións de Emilio Urberuaga iluminan o texto con trazos de humor e expresividade.

Otros idiomas:
Colección: 7 Leguas
Edad recomendada: A partir de 8 años
Páginas: 128
Tamaño: 15 x 23,5
ISBN: 978-84-8464-371-5