A raíña de Turnedó

Aplaudan, exclamen, animen, berren... Neste poema escénico a participación do público é fundamental para acompañar os excéntricos personaxes desta divertida corte real. A sonoridade, a rima e a estrutura acumulativa do relato son as claves para enganchar a lectura ou a representación da obra.

“A raíña de Turnedó” é un poema escénico que se apoia nos recursos da literatura oral popular para contar unha divertida historia de estrutura acumulativa e formato lírico, que destaca tanto pola sonoridade como polo remarcado carácter do ritmo e da rima. Así, no xardín da raíña de Turnedó van aparecendo o mato do xardín, a princesa que garda a vaíña do mato e, sucesivamente, toda unha serie de excéntricos personaxes e elementos singulares que se van encadeando, conformando un intenso relato épico que, ademais, bebe das fontes do teatro culto: a fórmula do retrouso favorece a interacción, a participación do público infantil na lectura ou mesmo na representación da obra, do mesmo xeito que a fórmula acumulativa facilita a memorización dos textos.

“A raíña de Turnedó” anima os lectores a intervir no xogo lingüístico a través de estraños binomios de palabras e dunha dobre linguaxe que remite a un proceso creativo dominado pola imaxinación, a liberdade e a ausencia de prexuízos, cun ánimo lúdico.

As ilustracións abstractas de Pablo Otero destacan pola súa forza expresiva, con tipografías, figuras e protagonistas de sorprendente apariencia.
Leer más
Leer menos
15,00 €

Otros idiomas: