O Lobo de Area

Lind, Åsa Méndez, María Elina Traducción: Antón Lado

Moitas nenas e nenos identificaranse con Zackarina. Moitos pais e nais veranse tamén reflectidos. Na súa ausencia, o Lobo de Area resposta ás inquedanzas que os adultos non atenden.

Que lles importa verdadeiramente ás nenas e aos nenos? Que os maiores traballen moito, que non fagan cousas xuntos, que non os entendan... Porque hai tantas Zackarinas sufrindo soidade, frustracións, incomprensión... Moitos lectores mozos sentiranse reflectidos neste relato da premiada Åsa Lind, tan real (e tan imaxinario) como a vida mesma; como tamén moitas nais e pais veranse culpablemente retratados como os “animais estraños” que son, en palabras da protagonista. A praia é o seu refuxio e o Lobo de Area, o seu único amigo, quen dá resposta ás súas inquedanzas, non exentas de fondo calado filosófico: a orixe da existencia, a inmensidade do universo, os medos... No primeiro volume desta coñecida triloxía publicada en varios países e adaptada ao formato teatral, radiofónico e animado, a autora ponse na pel dunha nena que cuestiona a lóxica dos adultos, empatiza cos seus momentos de ira e de impotencia, exprésase coa transparencia e coa naturalidade propias da infancia, dende ese humor absurdo e encantador que xoga cos extremos. Tamén hai pinceladas de tenrura por parte dos seus proxenitores, a típica reacción parental ás “preguntas retorcidas”, a incomunicación e os arrebatos de impaciencia que suceden en calquera fogar.

A complicidade entre Zackarina e o Lobo de Area trasládase do texto ás ilustracións de María Elina -luminosas e cálidas coma o verán- que combinan os trazos rotundos das ceras e dos lapis para representar o territorio da realidade, con escenas tenues e evanescentes que remiten á fantasía.
Leer más
Leer menos
16,00 €

Otros idiomas: