Cerca
O I Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados é unha fábula contemporánea sobre a incomunicación, unha reflexión poética sobre as persoas e as súas emocións.
“Cerca” é unha fábula sobre a incomunicación, unha reflexión poética e profunda sobre as relacións interpersonais e o individualismo, sobre os desexos e as emocións. Dende o punto de vista literario destaca pola súa sinxeleza narrativa e a engranaxe interna do relato, que plasma o paralelismo entre as accións dos protagonistas: un pato e un coello que viven pechados na súa soidade; nese sentido, a obra invita o lector a non darlles as costas aos demais, “privándose da posibilidade de compartir os momentos máis simples e felices da vida”, como explica a propia autora. A nivel estético, Natalia Colombo mestura diversas técnicas, dende a pintura con acrílicos ata o collage, ademais de deseñar unha tipografía propia. Tamén coida o tratamento da luz e utiliza recursos visuais que lle permiten xogar cos conceptos de movemento e simetría, sen esquecer a combinación de cores, texturas e materiais, que lle imprimen estilo e carácter persoal á obra no seu conxunto.
Colección: Premio Compostela
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 36
Tamaño: 20 x 20
ISBN: 978-84-8464-677-8
Premios : I PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA PARA ÁLBUMS ILUSTRADOS - 2008
II PREMIO DELLE PALME DE LITERATURA INFANTIL (Italia) - 2009