Un gran soño
Un microrrelato de gran valor literario, que transporta o lector ao fascinante mundo da mitoloxía maia e da astronomía. O autor cóntanos a historia dun crocodilo que aspira a trascender, a través do tempo e do espazo, máis aló mesmo da súa propia existencia no mundo.
O álbum ilustrado gañador do II Premio Internacional Compostela é un microrrelato de gran valor literario, que transporta o lector ao fascinante mundo da mitoloxía maia e da astronomía. O mexicano Felipe Ugalde cóntanos a historia dun crocodilo que aspira a trascender, a través do tempo e do espazo, máis aló mesmo da súa propia existencia no mundo. A súa figura é a metáfora da especie humana e dos seus individuos, no seu afán por medrar e deixar unha fonda pegada do seu paso pola vida. Como o crocodilo, teñen a convicción de estaren destinados a algo importante -aínda sen saber que, nin como logralo- e nese camiño devórano todo ao seu redor. Os astrónomos maias representaban a Vía Láctea como unha serpe; unha visión que evolucionou ata a imaxe dunha canoa con forma de crocodilo. Vinculado á constelación de Orión, este animal simbolizaba a conexión entre o mundo e o ceo, os homes e os deuses. Outra faceta destacada da Vía Láctea é o seu vínculo ao Camiño de Santiago, como guía dos peregrinos na súa ruta cara a Compostela.
Por esta riqueza simbólica e a perfección acadada coa técnica do acrílico, Un gran soño foi a gañadora do certame, de entre 280 obras de 22 países. O traballo de Felipe Ugalde foi valorado como “o máis completo e equilibrado” pola complementariedade entre texto e imaxe, o enfoque metafórico das ilustracións e o tratamento do concepto do tempo. Un libro que, para o xurado, “non ten idade, porque permite distintas lecturas” segundo os lectores sexan infantís ou adultos.

Colección: Premio Compostela
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 36
Tamaño: 27 x 21
ISBN: 978-84-8464-655-6
Premios : II PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ALBUMS ILUSTRADOS - 2009
Recomendación de lectura (PREMIO FNLIJ Brasil) - 2011
PLAN NACIONAL DE LECTURA (PNL Portugal)
PREMIO JUUL (Ikastolas de Navarra)