A familia C
O III Premio Compostela lévanos ao único e irrepetible espectáculo circense dunha peculiar familia que, a base de imaxinación, combina realidade e ficción. Saltimbanquis, malabaristas, domadores ou pallasos, ata os días máis grises se enchen de color estando ao seu carón.
Pasen e vexan, damas e cabaleiros, nenas e nenos, o único, o inigualable e nunca visto espectáculo da familia C que, servíndose tan só da súa imaxinación, sen rede nin artificio, sen trampa nin cartón, consegue encher de cor ata os días máis grises! ...Porque o circo é moito máis ca unha carpa chea de artistas insólitos e animais habilidosos; é un espazo onde se cruzan realidade e irrealidade, un lugar neste mundo que pertence a outro mundo: o da ficción e maila maxia. “A familia C” (C de circo?) é unha familia que adora o ambiente circense e canto significa de posible-imposible. E ese amor pola fantasía, o xogo de irreal-realidade, é o que permite que a rutina fastía dos seus días se impregne de ilusión. A familia C vive unha vida normal, pero ese caudal de enxeño énchea de cor e posibilidades; vive así no soño dos días fermosos, onde facer o almorzo ou ir traballar pode acabar sendo unha grande aventura.
As ilustracións, feitas con técnica mixta, destacan polo seu colorido e forza expresiva. En conxunto, é unha obra que o xurado do III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado definiu como “imaxinativa, orixinal e moderna”.
As ilustracións, feitas con técnica mixta, destacan polo seu colorido e forza expresiva. En conxunto, é unha obra que o xurado do III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado definiu como “imaxinativa, orixinal e moderna”.
Colección: Premio Compostela
Edad recomendada: A partir de 6 años
Páginas: 32
Tamaño: 22 x 22
ISBN: 978-84-8464-740-9
Premios : III PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA PARA ÀLBUMS ILUSTRADOS 2010